segunda-feira, 5 de março de 2018

Que son as FAKE NEWS?

As fake news son novas falsas (os chismes ou trolas de toda a vida) que se difunden fundamentalmente a través das redes sociais que buscan a desinformación, coa consecuencia gravísima de crear ideas erróneas baseadas en mentiras. Os seus obxectivos son manipular as nosas decisións persoais, enaltecer ou desprestixiar a alguén e moitas veces procurando o beneficio de algún individuo ou individuos. Deste xeito o devir da sociedade pode verse influído por estes bulos malintencionados.

Seguro que coñeces algún exemplo de fake news, en todo caso neste enlace podes coñecer algunhas das mentiras informativas máis sonadas dos últimos tempos.
Por sorte hai colectivos que loitan contra este tipo de viralizacións malintencionadas, como por exemplo a xente de www.maldita.es, un grupo de periodistas independentes que buscan aportar ó público “herramientas para que no te la cuelen”; aquí podedes acceder a unha entrevista coa súa responsable pero nada mellor que ir á súa páxina para coñecer a verdadeira realidade do que nos chega a través dos diferentes medios de comunicación.

Como cidadáns e cidadás responsables, neste mundo sobreinformado debemos asegurarnos e verificar aquelas informacións que consideremos relevantes para as nosas vidas, especialmente aquelas que poden influír notoriamente na nosa toma de decisións a calquer nivel. Por este motivo gustaríanos aportarvos un artigo da axencia de información Europa Press no que se recollen algúns consellos fundamentais (aquí), e tamén esta infografía do IFLA que vos servirá de guía no camiño.

 

Procedencia da foto: IFLA (= International Federation Of Library Associations And Institutions).



Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...