quinta-feira, 15 de dezembro de 2016

Nadal.

Nótase que están aí pretiño as vacacións de Nadal na nosa Biblio.
Por unha banda temos a decoración que entre @s profes bibliotecari@s e @s axudantes colocamos (estreliñas con vimbio, árbore con escaleira) e por outra banda a exposición de postais navideñas que o Departamento de Alemán quixo compartir con todo o mundo dende o noso espazo. 
As postais son moi especiais porque están adicadas ao seu profesor ou profesora favorito así que é emocionante atoparse nalgunha delas.

Este ano o slogan das Bibliotecas Escolares é "Territorio das Artes", por esta razón imos facer que a nosa Biblio sexa un lugar de exposición, de disfrute visual e artístico, un lugar cambiante e vivo onde sempre haxa algo que nos sorprenda e emocione.

Nadal 2016 on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...